Polos

Descrición do proxecto

O presente proxecto preséntase coa finalidade de impulsar no noso centro as habilidades e competencias STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, artes e matemáticas) de toda a comunidade educativa coa implicación de alumnado, profesorado e, se fose o caso, as familias.

Consistirá no acondicionamento e dotación dun ou varios espazos concretos nos que se desenvolvan ao longo de dous anos diversas actividades deseñadas tendo en conta os seguintes principios:

Proposta de espazos

Polas características do noso centro, un CPI con dous edificios independentes, un de infantil e primaria e outro de secundaria, a selección de posibles espazos terá en conta as seguintes consideracións:

Proposta de espazo común

Para o espazo común de referencia pódese propor a actual Ludoteca situada na antiga casa do conserxe, agora aproveitada nunha parte tamén como almacén. As vantaxes deste espazo son:

Proposta de espazo de infantil e primaria..

Podería ser a Ludoteca da casa do conserxe, ou o espazo da primeira planta entre aulas...

Proposta de espazo de secundaria

A antiga cafetería xa está a ser empregada para o Espazo Maker e pode, con certo acondicionamento, ser o espazo para o Polo Creativo de secundaria.

Organización de actividades e temporalización.

Para organizar a actividade do Polo Creativo nos seguintes dous cursos procederase da seguinte forma:

Propostas de actividades e participantes.

A proposta provisional de actividades é a seguinte:

Educación infantil

Mestras: Mª Isabel S. / Beatriz Mª R.

Actividade 1: Roboticando

Resumo da actividade:

Dende as aulas de Educación Infantil, pretendemos estimular ao alumnado no desenvolvemento de distintos procesos mentais, habilidades e competencias básicas a través da resolución de pequenos retos de aprendizaxe co uso da robótica e a programación.

O noso labor docente será a de axudar aos nenos/as a reflexionar, anticipar, ensaiar e comprobar para logo repensar sobre os resultados obtidos. Dialogan, expresan e se comunican a partir de actividades lúdicas.

Para desenvolver este obradoiro contamos cun pequeno robot en forma de abella BEE BOT que ten que seguir as nosas instrucións mediante comandos (avanzar, retroceder, xirar...) que debemos secuenciar correctamente a través da pulsación de botóns para chegar a un destino que marcamos como obxectivo. Traballando así a linguaxe direccional, xiros, lateralidade e outros conceptos básicos. É un excelente recurso para actividades transdisciplinares e aprendizaxe significativa baseada no xogo. Unha vez máis o alumno será o creador do seu propio coñecemento, aprendendo a aprender.

Actividade 2: Electroplasti

Resumo da actividade:

Obradoiro que proporcionará estratexias para a dinamización e o traballo cooperativo, na realización de diferentes tarefas. Asemade se estimulará e desenvolverá a cratividade coa creación e deseño de diferentes obxectos coa plastelina. Sen esquecer que comprenderán conceptos básicos da electricidade, o que lles permitirá crear circuitos eléctricos simples e experimentar coas múltiples utilidades da plastelina condutora.

Educación primaria

Profesora: Cristina C.

Actividade 1: Programación de robóts..

Resumo da actividade:

Uso e programación de diferentes robóts, iniciándose na linguaxe computacional, superando retos(construcción de maquetas, creación de máquinas-robóts, etc) mediante a posta en práctica de conceptos e habilidades adquiridas en diferentes áreas e desenvolvendo a creatividade, imaxinación e o traballo en equipo.

Actividade 2: Facer funcionar circuitos eléctricos cun LED en papel e en téxtil.

Resumo da actividade:

Explorar os conceptos de electricidade fabricando debuxos e téxtiles que brillen relacionados con temáticas traballadas na aula.

Actividade 3: Realización dun cómic interactivo utilizando placas e materiais conductores (makey makey).

Resumo da actividade:

Aplicamos a linguaxe computacional, conceptos de electricidade e circuitos para realizar un cómic.

Necesidades de formación:


Profesoras: Ana Isabel V., Mar L., Cristina C., Ana Mª B.

Actividade 1: LÓVA (La Ópera un Vehículo de Aprendizaje)

Resumo da actividade:

Unha clase de primaria convertirase nunha compañía de ópera para crear, producir e finalmente representar unha ópera ou musical totalmente orixinal. O proceso de creación é importantísimo tanto na constitucion da clase como compañia como na posta en pé e produción do propio espectáculo. Todo iso integrando STEAM no currículo.

A propia compañía vai dando os pasos necesarios para crear un musical no que contan e cantan unha historia que lles preocupa e que queren dar a coñecer ao público, con todo o que leva implícito converterse en compañía.

Traballo por profesións: escenografía, caracterización, iluminación e son, documentación, composición musical, dramaturxia, interpretación, produción, dirección e documentación.

A compañía de ópera deberá traballar por profesións para ir creando o espectáculo e poder finalmente producir a súa ópera. e a representación da mesma.


Profesoras: Ana Isabel V., Mar L., Cristina C., Ana Mª B.

Actividade 2: LÓVA (La Ópera un Vehículo de Aprendizaje)

Resumo da actividade:

O curso de 5º de primaria convertirase nunha compañía de ópera para crear, producir e finalmente representar unha ópera ou musical totalmente orixinal.

A creación constitúe un elemento importantísimo en todo o proceso e na constitucion da compañía. A través de retos e dinámicas que teñen que conseguir xuntos, vaise creando o sentimento de pertenza á compañía e as habilidades necesarias para conseguir o gran reto común: poñer en pé e producir o seu propio espectáculo Todo iso integrando todo no currículo a través da metodoloxía STEAM.

O proceso dura un ano académico e cada ano comeza unha nova compañía.

A propia compañía vai dando os pasos necesarios para crear un musical no que contan e cantan unha historia que lles preocupa e que queren dar a coñecer ao público.

Poténciase dun xeito moi marcado o pensamento crítico e a capacidade de emprendemento. É un proxecto moi complexo e inclúe moito máis que o traballo por profesións, desenvolvendo todas as competencias.

Involucra a toda a comunidade educativa, ao entorno e ás institucións. O alumnado é o responsable de todo o proceso e prodúcese unha revolución no rol do profesorado que actúa como guía.

O traballo por profesións consta de: escenografía, caracterización, iluminación e son, documentación, composición musical, dramaturxia, interpretación, produción, dirección e documentación.

As familias participan no proceso sobre todo no desenvolvemento das diferentes profesións.

Está composto de varios microproxectos que se relacionan entre si.

1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre
- Nome e logo da compañía.
- Himno da compañía.
- Tema e tese. Mensaxe que a compañía quere comunicar coa súa ópera.
- Creación de personaxes. Relación entre eles.
- Estrutura dramática e guión.
- Deseño e creación de vestiario, maquillaxe, escenografía, iluminación…
- Relación coas institucións públicas e privadas (concello, empresas, medios de comunicación…)
- Creación e composición da música da obra.
- Difusión e publicidade da compañía.
- Recadación de fondos.
- Ensaios
- Exposición cos materiais creados durante todo o proceso.
- Representación da ópera creada e dirixida polos alumnos.

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía (secundaria).

Profesora: Alba M.

Actividade 1: SansaLab.

Resumo da actividade:

A actividade SansaLab pretende que os estudantes se familiaricen co traballo de laboratorio e adquiran habilidades básicas de investigación científica. Para iso, utilizarase unha metodoloxía baseada en proxectos, levando a cabo experiencias prácticas relacionadas coa Bioloxía, a Xeoloxía, a Física e a Química, tales coma as que se citan a continuación:

Outro dos obxectivos fundamentais é que o alumnado adquira destrezas propias da Ciencia, polo que, ao longo do proxecto, traballaranse:

Departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual (secundaria).

Profesor: Manuel Ángel R.

Actividade 1: Curtametraxe e RadioSansa.

Resumo da actividade:

Traballaremos a creatividade e o audiovisual realizando programas de radio facendo streaming en directo e algunha curtametraxe na que o alumnado terá que asumir tódalas tarefas básicas dun equipo de rodaxe cinematográfico.

Actividade 2: Arte analóxica e dixital

Resumo da actividade:

Realización de obras colaborativas nas que o alumnado terá que mesturar elementos artísticos feitos con técnica tradicionais e outros feitos con medios e ferramentas dixitais.

  • Crear obras mesturando pinturas e debuxos con fotografías e deseños feitos con aplicacións informáticas.

  • Propostas creativas de poesía visual e arte obxectual.

  • Instalacións artísticas conceptuais ou obras escultóricas empregando materiais reciclados e elementos tecnolóxicos.

Actividade 3: Costura creativa

Resumo da actividade:

Realización dun mandil ou mandilón orixinal con teas de cores para protexerse das manchas de pintura nas tarefas artísticas.

Actividade 4: Comunicacións libres con LoRa

Resumo da actividade:

Experimentación con sistemas de comunicación libres e autónomos (analóxicos e dixitais).

Posibilidade de experimentar con comunicacións en CB 27Mhz: Comunicación local e de longa distancia con propagación atmosférica e elaboración de antena T2TL para 27Mhz

Instalación dun sistema básico de comunicacións de texto por radio de longo alcance na frecuencia de 868Mhz. O sistema será autosuficiente e de moi baixo consumo enerxético, empregando dous ou tres módulos LoRa, baterías recargables e coa posibilidade de usar pequenas placas solares para alimentalo. Para poñelo a andar empregaremos as ferramentas de Meshtastic.

Apuntamento

A realización desta actividade 4 está condicionada por certos materiais e equipamento non proporcionado na listaxe da convocatoria e da dispoñibilidade horaria do profesorado para realizala.

Departamento de Lingua Galega (secundaria).

Profesora: María Rosario O.

Actividade 1: Creación dun libro de aula elaborado en tea.

Resumo da actividade:

O libro de aula será elaborado nunha tea no que se recollan iniciativas de todo o alumnado da aula: escritura, pintura e e-téxtiles.

Departamento de Matemáticas (secundaria).

Profesora: Verónica F.

Actividade 1: Obradoiros para a elaboración de material manipulativo.

Resumo da actividade:

No Departamento de Matemáticas temos unha pequena colección de material lúdico-didáctico e material manipulativo que pouco a pouco imos aumentando. Hai material que podería ser deseñado e construído polo propio alumnado, para ser empregado por eles ou por alumnado de EI e/ou EP. Mesmo podería organizarse, de forma puntual, algún obradoiro para facer coa participación das familias para elaborar algo sinxelo.

Levaría a cabo algún obradoiro no horario da materia Matemáticas Recreativas. Podería estenderse a algunha clase matemáticas segundo circunstancias de horario do vindeiro ano.

Actividade 2: Obradoiro de elaboración de disfraces para Entroido

Resumo da actividade:

Unha vez fixado o tema de Entroido traballar co alumnado para que busque ideas para elaborar o seu propio disfrace para entroido.

A idea sería propor varios recreos, por exemplo, un recreo cada 15 días dende inicio de curso ata Entroido.

Se hai máis profesorado voluntario, poderíanse ofertar outros obradoiros de customizado e arranxo de prendas, por exemplo.

Necesidades de formación:

Departamento de Tecnoloxía (secundaria).

Profesora: María Teresa V.

Actividade 1: Deseño e construción de diferentes sistemas de control ou robots con diferentes sensores, actuadores e placas microcontroladoras para programalos e, así, poder resolver diferentes problemas reais propostos.

Resumo da actividade:

Pretende promover a creatividade e a iniciativa emprendedora mediante proxectos relacionados con materiais manipulativos creando un punto de encontro onde compartir, crear e construir para aprender facendo (a través da experiencia).

Buscarase a interdisciplinariedade para desenvolver os proxectos tecnolóxicos e terase en conta a diversidade existente no alumnado para garantir o apoio e os materiais ou soportes que posibiliten o ensino-aprendizaxe.

Actividade 2: Control programado de robots para resolver retos ou desafíos.

Resumo da actividade:

O alumnado, en pequenos grupos, resolverá unha serie de retos , seguindo as indicacións que se lles propoñerá en cada caso. Unha vez resolto cada desafío, poden realizar variacións, fomentando a súa autonomía, creatividade, iniciativa persoal e espíritu emprendedor.

Actividade 3: Exposición dos proxectos

Resumo da actividade:

Exposición dos proxectos feitos á comunidade educativa informando das contornas dixitais e das tecnoloxías aplicadas, creando unha oportunidade de posta en común de coñecementos.

Necesidades de formación:

Departamento de Xeografía e Historia (secundaria)

Profesora: Marta D.

Todas as actividades estarán dirixidas cara á historia da narración plástica e da escritura, buscando que os alumnos comprendan realmente o proceso de traslado de información a través da historia, os seus soportes e a dificultade que conlevan. Acercamaento á cultura a través da creatividade.

Actividade 1: (1º ESO) Pseudopapiro con material de refugallo

Resumo da actividade:

Realizaremos un pseudopapiro con material de refugallo do destructor de papeis, tinguidos con infusións de te e realizaremos textos có alfabeto exipcio con tintas vexetais.

Actividade 2: (1º ESO) Taller de pintura narrativa

Taller de pintura narrativa en cerámica, semellante á da época grega.

Actividade 3: (2º ESO) Taller de caligrafía de manuscritos medievais

Taller de caligrafía de manuscritos medievais, impermeabilización de soporte, para semellar pergamino, decoración de miniaturas.

Outras actuacións.

Colaboración co EDLG e o equipo de biblioteca.

Análise DAFO

Realizamos o seguinte análise DAFO:

Fortalezas Debilidades
Experiencias: Alto grao de incorporación das TIC no centro: Xa no ano 2006 foille concedido ao centro o Proxecto para a incorporación das TIC no proceso educativo. Posteriormente incorpórase a ABALAR e na actualidade ten EDIXGAL dende 5º de primaria a 4º da ESO. Experiencias: A realización do Plan Dixital tratará de mellorar algunhas carencias no funcionamento e implantación das TIC no centro.
Profesorado: Alta implicación e traballo con medios e contornas dixitais adaptados (AV, EDIXGAL, videoconferencia, recursos e ferramentas dixitais...) Experiencias de traballo en Espazos Maker, Robótica, Xornadas de Ciencias, Xogos matemáticos, Radio... Profesorado: Pode ser necesaria certa motivación e/ou formación dalgún profesorado para o uso de certas tecnoloxías moi novidosas e a mellora de experiencias en obradoiros de traballo colaborativo e interdisciplinar.
Familias: Son colaboradoras e, en xeral, entenden a necesidade de incorporar este tipo de actividades e tecnoloxías no ensino. Familias: Pode ser necesario profundar na concienciación sobre o uso das TIC como ferramenta de aprendizaxe e no uso seguro das mesmas. Necesitamos mellorar tamén a participación activa e a implicación no funcionamento do centro.
Alumnado: O uso e coidado de materiais é axeitado e con poucas incidencias. A competencia xeral no uso das novas tecnoloxías é aceptable. Hai unha porcentaxe significativa de alumnado con predisposición polas tarefas manipulativas e construtivas e casos interesantes de alumnado creativo e/ou con interese nas novas tecnoloxías. Alumnado: En ocasión ven as TIC como ferramentas de lecer e comunicación máis que como ferramentas de aprendizaxe e experimentación creativa. Pode ser necesario concienciar no uso seguro e responsable das TIC.
Organización de Centro: Está bastante asimilado o uso das novas tecnoloxías na práctica docente e hai certas rutinas asentadas na organización do centro. Organización de Centro: Pode ser necesario mellorar a coordinación e o soporte técnico...
Infraestruturas: O nivel xeral de uso e implantación das TIC é aceptable contando con equipamento adecuado e suficiente. Infraestruturas: Certo equipamento pode necesitar renovación... Algún profesorado e alumnado pode necesitar pautas para adaptase ao traballo con equipamentos de baixas/medias prestacións.
Oportunidades Ameazas
A implantación deste proxecto é unha boa oportunidade para mellorar a dotación do centro e traballar as habilidades e competencias da comunidade Poderían non conceder este proxecto
Contorna: O concello colabora e participa co centro na realización de actividades, obras, etc Contorna: Infraestruturas de comunicacións xerais de conectividade baixa/media que poderían profundar na fenda dixital e dificulta o traballo a distancia. Non hai empresas de relevancia no sector das TIC
Contorna: A casa da cultura do concello e aula CEMIT fan actividades de alfabetización dixital e proxectos de interese: Fálame de San Sadurniño e o Chanfaina Lab Contorna: É necesario estudar que outras colaboracións externas poden establecerse
Administración: Os programas ABALAR - EDIXGAL da Xunta permiten mellorar a incorporación das TIC e a realización de actividades STEAM no ensino Administración: Certa lentitude na reposición de equipamento informático en aulas específicas e despachos e oficinas con equipos obsoletos nalgúns casos.
Lexislación: Estase a potenciar a incorporación das TIC e o STEAM. Lexislación: Implica cada vez máis burocracia que quita tempo.
ANPA: Os polos creativos poden axudar a implicar e motivar ás familias ANPA: Non hai no centro centro.
Alumnado: Con acceso a dispositivos e con conexión de internet fora do centro Alumnado: Existe unha porcentaxe relativamente pequena de alumnado que non dispón de internet na casa ou ten unha conexión deficiente.

Datos do profesorado participante

Pendente de datos...

Valoración de necesidades

Esta é unha valoración global das necesidades do proxecto nas que non todo o demandado entra na lista de materiais da Consellería. Certos materiais poida que fosen achegados polo propio centro. En calquera caso, as necesidades para o noso Polo Creativo son as seguintes: