EVA- EDIXGAL

eva-edixgal

Curso 2021-22

Esta é a páxina de axuda na que poñeremos recomendacións, guías e ligazóns a recursos para traballar no Eva - Edixgal.

Documentos para descarga:

Folla informativa EDIXGAL

Folleto para as familias

Folleto para o alumnado (2 por folla)

Primeira vez con EDIXGAL?

Os centros participantes en EDIXGAL proporcionan ao alumnado ordenadores portátiles con acceso a internet. Isto permite acceder á plataforma Eva na que están os libros de diferentes materias. Tamén é posible acceder a outros recursos e mesmo engadir e crear contidos e actividades para o alumnado.

EVA: o libro dixital

Para acceder ao libro dixital iremos a eva.edu.xunta.gal .

Acceso do profesorado

O profesorado accede empregando usuario e contrasinal do correo da Xunta.

Acceso do alumnado

O alumnado empregará as credenciais que aparecen no apartado Credenciais do alumnado dentro do EVA e que pode proporcionarlles o titor/a ou o profesorado en xeral en calquera momento.

Xestión de credenciais

O EVA é unha aula virtual semellante á que temos no noso centro, pero cambia o aspecto e algunhas opcións . Nela podemos cargar o libro da editorial que elixamos e poñelo á disposición do alumnado. Tamén podemos engadir recursos e actividades Activando a edición exactamente igual que na Aula Virtual do centro.

Operacións básicas no EVA ao iniciar o curso

Resumo de acccións para iniciar o curso

  • O profesorado escollerá a editorial e cargará os libros das materias que imparte.
  • O titor/titora proporcionará as credenciais de acceso ao alumnado.
  • O titor/a informará ao alumnado do coidado e uso axeitado do equipo.

Podedes consultar a seguinte documentación:

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=89

É de especial importancia a consulta dos apartados:

en especial o apartado 1.4 para cargar e facer visibles os libros para o alumnado.

1.4. Incorporación xeral de contidos e recursos á materia

2.5.Xestión de credenciais para proporcionarlle ao alumnado o usuario e contrasinal para acceder ao EVa.

Xestión de credenciais

No caso de que o alumnado esqueza o contrasinal teremos que restaurala...

restaurar

1. Dámoslle a **Restaurar credenciais**
2. O contrasinal aparecerá visible onde están os asteriscos.

Podedes ampliar e profundar moito máis en:

Aula Aberta Abalar Edixgal

A carga inicial do libro de cada materia é necesario facela ao inicio do curso para que poida acceder o alumnado.

Os pasos para facelo están en 1.4. Incorporación xeral de contidos e recursos á materia . Resumindo serían:

REPITE ESTA OPERACIÓN PARA CADA MATERIA

No caso de que o alumnado non poida ver os temas do libro que están activados no ollo, vai a Editar a configuración (na columna dereita) e escolle en Formato a opción Formato dos temas. Garda esta opción dándolle no botón inferior.

Incidencias e recomendacións

Teléfono de soporte e servizo técnico para familias e alumnado: 881 86 99 00

Teñen que que chamar en caso de:

Seguro voluntario

A Xunta está a proporcionar un seguro non obrigatorio a 49€ por curso para cubrir posibles incidencias que pode solicitarse no teléfono 881 505 136. +Info no folleto para as familias.

Coidado dos portátiles

Hai que concienciar ao alumnado de que o portátil é delicado e que se non teñen coidado e o estragan ou rompen terán que asumir o gasto da reparación. E non é nada barato...

Teremos que insistir en: