A Aula Virtual do centro¶
Neste apartado teremos información de interese sobre a aula virtual.
No inicio de curso...¶
O profesorado terá acceso ás materias e cursos da AV e poderá crear modificar e eliminar contidos.
O novo profesorado do centro terá que solicitar unha conta para a aula virtual. Para elo manda un correo a marey en cpisansadurnino.org indicando:
- Nome e apelidos
- Materias e cursos nos que as impartes
No caso de profesorado que xa teña conta activa pero teña novas materias tamén mandará un correo indicando:
- Materias que imparte no curso actual.
- De ser o caso, materias que xa non imparte no curso actual.
Na propia aula virtual existe un pequeno apartado sobre manexo básico e incidencias na AV que pode ser de axuda para o alumnado.
Para calquera incidencia, problema ou para consultar calquera cousa podedes mandar un correo.