Espazo TIC do CPI de San Sadurniño¶
Neste espazo terás documentación sobre:
- EVA - EDIXGAL
- Aula Virtual
- A comisión TIC do centro
- En xeral, guias, axudas e recursos para traballar coas TIC e resolver incidencias.
EDPD: Campaña de uso seguro das TIC¶
Dentro das accións do Plan Dixital de centro o equipo de dinamización do mesmo está a realizar unha campaña informativa dirixida ás familias de cara a concienciar dos riscos que supón para a mocidade o uso temperán, abusivo e/ou pouco supervisado de pantallas, móbiles e redes sociais.
Na seguinte ligazón podedes descargar o folleto informativo.
Folleto informativo uso seguro das TIC
Empregar as TIC na aula sen atrancos.¶
Dentro das acción previstas no plan dixital de centro para o curso 22/23, fixemos unha sesión de formación de cara a mellorar a competencia dixital do profesorado no ensino coas TIC en especial cando os recursos non son óptimos.
A presentación da mesma podedes vela en: Moito con pouco
Paneis dixitais interactivos¶
Manuais dos novos paneis dixitais instalados no dentro.
Activar a reprodución de vídeos en PlatinoEduca¶
Para poder visualizar as películas e documentais é necesario activar a reprodución de contido protexido ou DRM.
Para elo, hai que activar esta opción no navegador Firefox:
- Na icona de tres raias da parte superior dereita vai a Preferencias
- No apartado Xeral vai onde pon: Contido DRM e activa Reproducir contido controlado por DRM
Mira esta imaxe de referencia:
Xa poderás ver as pelis de PlatinoEduca.
Actualización de ordenadores¶
Lstado de equipamento informático actualizado e pendente de actualizar con aumento de memoria RAM e instalación dun novo disco interno SSD.
Listado de equipos revitaminados
Configuración da WIFI edu.xunta.gal¶
No caso de problemas coa configuración da wifi corporativa ou se despois de cambiar o contrasinal do correo da xunta non funciona tedes na seguinte ligazón os pasos para configurala de novo.
Conexión á rede WiFi "edu.xunta.gal"
Actualización do navegador en ordenadores edixgal¶
Nalgúns portátiles edixgal poden aparecer dificultades para conectar ao correo ou o drive ou para facer videoconferencia. Para solucionalas é necesario actualizar o navegador.
Pasos para actualizar:¶
-
Dende o portátil EDIXGAL de clase descarga este ficheiro: actualizar_navegador
-
Busca o ficheiro descargado actualizar_navegador.tar.gz. Normalmente gárdase no cartafol Descargas pero pode estar descargado noutro distinto.
-
Cuando o teñas localizado, move o ficheiro ao Escritorio.
- Entra no Escritorio e dálle ao ficheiro co botón dereito do rato. Escollee a opción Extraer aquí
Verás que aparece un novo arquivo chamado actualizar_internet.sh
-
Pecha o xestor de ficheiros e mira no escritorio do portátil (Onde está o fondo de pantalla). Alí verás tamén eses ficheiros.
-
Dálle a actualizar_internet.sh co botón dereito do rato e escolle a opción Executar.
Verás que aparece esta mensaxe.
Espera que apareza unha mensaxe indicando que rematou a actualización.
Importante
Para usar a nova versión emprega sempre a icona que aparece no Escritorio.
Identidade corporativa¶
A xunta ven de sacar nunha resolución o Manual de identidade corporativa para os centros docentes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Podedes descargar este ficheiro comprimido en ZIP cos modelos de documentos básicos (polo de agora un modelo xenérico e modelo de carta) adaptados á nova normativa e os tipos de letra necesarios.
Descargar: Documentos Imaxe corporativa
Tamén se especifica nesta normativa o tipo de letra, Xunta Sans, a empregar nos documentos. No seguinte vídeo podedes ver a maneira de instalar as fontes necesarias nos ordenadores edixgal e coa maqueta abalar do centro.
.